Skip to main content
Axenda Caducada

Xermade organiza unha festa de Samaín o 31 de outubro

Por 22 Outubro, 2021Outubro 31st, 2021Sin comentarios

O Samaín volverá este ano a celebrarse en Xermade polo que hai prevista unha festa infantil o día 31 deste mes, ás 17.00 horas, no pavillón municipal.

Durante a tarde haberá distintos xogos, música e merenda, ademais de pintacaras e concurso de disfraces e de cabazas.

A festa contará co aforo limitado como esixe o protocolo covid. Hai de prazo ata o 26 de outubro para anotarse a esta festa, e debe facerse no teléfono 678 744 178.