Skip to main content
Axenda Caducada

Algúns dos mellores jazzistas do mundo estarán en Lugo hoxe

Por 23 Outubro, 2021Sin comentarios

Coa chegada do outono a Concellería de Xuventude convida á mocidade lucense este sábado a gozar na Casa da Xuventude, dunha clase maxistral ás 18.30h da man Jason Brown, un dos baterías máis demandados na escea do jazz neoyorkino, e ás 20.00h do concerto da vocalista norteamericana Eve Cornelius, que virá acompañada polo guitarrista lucense Telmo Fernández e os tamén norteamericanos Brian Charette ao órgano, e Jason Brown á batería.

Esta xornada pretende promover a música en directo e aproveitan tamén a ocasión para incluír a máster class de batería que impartirá Jason Brown para responder á afección pola música dos mozos. Para participar é preciso inscribirse previamente para asistir tanto ao concerto como á máster class a través da web: xuventudelugo.gal.

Eve Cornelious estará xirando por Galicia e Barcelona entre o 20 e o 31 de outubro, foi nomeada ao american singer Grammy, gañadora do Lionel Hampton Jazz Performance Award, Russian Jazz Performance Award, ‘The BET’ Jazz Discovery Award da Black Entertainment Television, entre outros recoñecementos. A artista, que visita por primeira vez a cidade de Lugo, virá acompañada polo guitarrista lucense Telmo Fernández e os tamén norteamericanos Brian Charette ao órgano e Jason Brown á batería.

MASTER CLASS

Jason Brown é un dos baterías máis demandados na escea do jazz neoyorkino e foi a forza impulsora detrás de grandes artistas dende os tempranos inicios da súa carreira. Tocou con artistas como Monty Alexander, Lizz Wright, Cedar Walton, Nicholas Payton, entre outros. Como líder foi varias veces destacado da Jazz Philarmonic Orchestra de St Peterburgo e tamén lidera os eu cuarteto xunto ao saxofonista tenor Steve Grossman e outros grupos arredor de Nova York e Estados Unidos, Europa, Africa ou Rusia, compaxinando concertos coa súa labor didáctica.

ACTIVIDADES GRATUÍTAS

A concellería de Xuventude e Deportes, está a ofertar unha ampla programación de actividades destinada á mocidade lucense, actividades que deron comezo no mes de setembro e finalizarán en decembro.

En total, son preto dunha trintena de obradoiros, masterclass, rutas e recursos aos que os máis mozos poden acceder de forma totalmente gratuíta. As inscricións para estas actividades deberán realizarse a través do enlace: https://formulario.xuventudelugo.gal/.