Skip to main content
Axenda Caducada

Portomarín acollerá unha cata de iniciación de viños da Ribeira Sacra

Por 24 Outubro, 2021Outubro 27th, 2021Sin comentarios

Agacal organiza unha nova catas de iniciación de viños da Ribeira Sacra. A acción están previstas o martes 27 na casa consistorial de Portomarín, de 17.30 a 21.30 horas. 

O obxectivo principal deste curso é proporcionar coñecementos básicos de enoloxía e viticultura aos asistentes, ademais de ensinarlles as habilidades básicas da cata de viños para que saiban distinguir os atributos positivos dos negativos e ter un vocabulario acorde a este tipo de prácticas.   

Así, o programa recolle unha parte teórica centrada nas peculiaridades das subzonas da Ribeira Sacra, pasando polas distintas tipoloxías de viño, a súa maduración e mesmo o seu etiquetado. Seguidamente, combinarase unha parte práctico-teórica sobre as distintas fases que compoñen unha cata, centradas nas parte visual, olfativa e gustativa.  

A acción está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector. Os interesados en acudir poderán cubrir a solicitude pertinente que atoparán no seguinte enlace (https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/formacion-continua/plan-de-formacion-2021) e remitila cuberta ao enderezo electrónico formacion.agacal@xunta.gal. Para obter información adicional poden chamar ao teléfono 881 997 279.

A Agacal, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este. 

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que poden consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas