Skip to main content
Axenda Caducada

O Concello de Xove organiza unha festa de Samaín o sábado

Por 25 Outubro, 2021Outubro 30th, 2021Sin comentarios

O Concello de Xove organiza unha festa de Samaín o sábado 30 de outubro no centro social e que dará comezo ás 16.00 horas cunha escape room encantada.

Xa ás 17.00 horas haberá un xogo de rol baixo o nome El Hombre lobo, e despois un xogo virtual, El Robo del Toisón. Ás 19.00 horas será a chocolatada con bica.

Para participar será necesario anotarse previamente na Omix antes do día 29 de outubro e lembran que haberá que ir caracterizado.