Skip to main content
Axenda LUGOXALugo

Convocan o día 16 de outubro unha manifestación de pensionistas en Lugo

Por 4 Outubro, 2021Sin comentarios

O próximo 16 de outubro vai desenvolverse en Madrid unha concentración de pensionistas de toda España, “en defensa dos múltiples dereitos que temos adquiridos e para reivindicar as serias consecuencias de accións que nos prexudican moi seriamente”, afirman dende o colectivo lugués.

Para unirse a este acto os membros deste mesmo colectivo en Lugo convocaron unha concentración de persoas maiores, sen bandeiras, sen ideoloxías. O obxectivo é facer unha concentración na praza Maior de Lugo o día 16 de outubro ás 12 da mañá, cunha duración aproximada de 30 minutos.

Algunhas das causas das queixas son sobre o Pacto de Toledo e os seus actores. Políticos, expertos, empresarios, sindicalistas… “Nin un só xubilado! Somos invisibles?, ou será que nos faltan coñecementos?”, din.

Tamén din que as “alarmantes” noticias do ministro Escribá en relación co futuro das pensións xeran moita intranquilidade. Tamén queren protestar contra “o desprezo da banca e da Administración cara ás persoas maiores e o imparable prezo da electricidade e o aumento considerable da cesta da compra, do IPC”.