Skip to main content
Axenda Caducada

Antas de Ulla prepara numerosas actividades para celebrar o Samaín

Por 27 Outubro, 2021Outubro 31st, 2021Sin comentarios

O Concello de Antas de Ulla prepara numerosas actividades para celebrar o Samaín o vindeiro domingo 31 de outubro.

A partir das 16.00 horas e ata as 19.00 horas a praza Nova convertirase nun escenario terrorífico ao que convidan a asistir disfrazado.

Haberá actividades nas que debular lendas galegas, xogos de globoflexia, paracaídas, bolos, desfile, un obradoiro de teatriños de papel e moito máis.