Skip to main content
Axenda Caducada

Pensionistas convocan concentracións esta semana en defensa da atención primaria

Por 27 Outubro, 2021Outubro 28th, 2021Sin comentarios

A Federación de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Galicia (FPX-CCOO) convoca concentracións esta semana en defensa dunha atención primaria de calidade e accesible ás persoas maiores. Reclaman a reversión dos recortes que lastraron durante os últimos anos “a principal porta de acceso á sanidade pública” e esixen medidas para que sexa máis accesible para as persoas maiores, “que non sempre teñen medios ou capacidades para as xestións telemáticas”.

Entre outras medidas, a FPX-CCOO pide o aumento do orzamento destinado á sanidade pública, paralizar o peche de centros e a reapertura dos que foron pechados, recuperar a accesibilidade e a atención presencial, restablecer a capacidade dos centros de saúde (respectando os protocolos covid) ou reforzar a atención primaria con novas categorías profesionais para descargar a medicina de familia.

En Lugo a concentración será o xoves 28 de outubro ás 12.00 horas diante da Delegación da Consellaría de Sanidade situado na rúa María Balteira.