Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

As agrupacións deportivas da provincia reúnense o día 21

Por 15 Outubro, 2021Sin comentarios

As Agrupacións Deportivas de Zona de toda a provincia encargadas de organizar e coordinar o Deporte en Idade Escolar co responsable do Servicio Provincial de Deportes de Lugo, para acordar abrir a modo de sondeo o período de inscrición de todas as entidades deportivas en idade escolar.

Este sondeo será ata o xoves 21 de outubro ás 00.00 horas e as inscricións para confirmar equipos serán despois da reunión.

Tamén falaron de convocar a todas as entidades deportivas á reunión da Agrupación de Zona de A Mariña; que terá lugar o vindeiro luns 25 de outubro ás 20.00 horas no Colexio O Pilar de Foz.

Así, nesa reunión comunicaranse as entidades inscritas, o protocolo a seguir, medidas de seguridade e a confirmación definitiva de equipos. Así como, ver as posibilidades de competición posibles nos deportes de fútbol sala, baloncesto, campo a través, atletismo, duatlón, bádminton, patinaxe, orientación, tenis de mesa e xadrez.