Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

A UNED ampía ata o 10 de novembro o prazo de matriculación

Por 24 Outubro, 2021Sin comentarios

A UNED habilita un novo período de matriculación para os estudos de Grao, Graos Combinados, Másteres Oficiais, Idiomas (CUID), Curso de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos e Microtítulos, a nova aposta da universidade deste curso académico.

A UNED ampliou o prazo de matrícula para os estudos de Grao, Graos Combinados, Másteres Oficiais, Centro de Idiomas (CUID), Curso de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos e Microtítulos  até o próximo 10 de novembro.

Ademais, permanecen abertos os períodos de matriculación da Escola Internacional de Doutoramento até o 17 de novembro, e de Formación Permanente e Profesional até o 30 de novembro en prazo ordinario e até o 17 de xaneiro de 2022 en período extraordinario. Desta forma, a universidade quere facilitar o acceso á Educación Superior universitaria a todos aqueles interesados en completar a súa formación. O proceso de matrícula realízase de forma
totalmente online.

Os Microtítulos, aposta da UNED para este novo curso académico, permiten adquirir coñecementos especializados e multidisciplinares dunha forma nova e exclusiva. As materias proveñen de Graos ou Másteres oficiais, o que garante a súa calidade, e de distintas Facultades e Escolas, o que os dota dunha personalidade multidisciplinar única. Son títulos propios da UNED que responden á intención da UE de alentar a formación ao longo de toda a vida, e a UNED é a primeira universidade en ofertalos en toda Europa. Ademais, completar o microtítulo permite sumar esas materias xa cursadas a un futuro Grao ou Máster oficial sen ningún tipo de convalidación nin xestión algunha.