Skip to main content
Comarca LUGOXAComarca SARRIAXA

Seis concellos lucenses do Camiño Francés contarán cun Escape Way

Por 28 Outubro, 2021Sin comentarios

Varios concellos do Camiño Francés da provincia de Lugo presentaron hoxe a iniciativa The Escape Way. En concreto os municipios participantes son O Cebreiro, Samos, Triacastela, Paradela, Portomarín e Monterroso e está promovida pola Asociación de Municipios do Camiño de Santiago e conta cunha achega de 7.500 euros

Cada un dos concellos participantes contará co seu propio xogo, dispoñible a partir do sábado a través dunha aplicación de descarga gratuíta. Conxuga a plataforma tecnolóxica con elementos físicos, de forma que só é posible xogar sobre o terreo. O obxectivo é que os visitantes percorran as rúas e se acheguen ao patrimonio e aos lugares de interese mentres resolven o enigma proposto.

Todos os xogos son distintos, con diferentes probas creadas expresamente con elementos propios do concello, polo que cada caso resulta unha experiencia única. Ofrecen contidos en varios formatos, como vídeos, fotografías, textos, ilustracións ou locucións e están deseñados para unha duración aproximada de entre 40 e 90 minutos.

A asociación promotora é unha entidade sen ánimo de lucro constituída por máis dun cento de municipios españois no Camiño Francés, nos que está a estender esta alternativa tecnolóxica de ocio e de promoción da ruta.