Skip to main content
Antas de Ulla

Antas de Ulla recupera as clases de baile

Por 4 Outubro, 2021Sin comentarios

As clases de baile  volven este ano a Antas de Ulla. Así, este mes retomaranse as clases todos os luns en dúas sesións, ás 19.00 horas para rapaces e ás 22.30 para adultos.

As dos pequenos serán de danzas urbanas e están organizadas pola anpa do colexio de Antas de Ulla e impartiranse no ximnasio do colexio coa posiblidade de probar gratuitamente unha clase.

Para adultos impartiranse clases de salón (vals, pasodobre, tango e chachachá), así como de baile latino e caribeños (salsa, bachata, kizomba e merengue) entre outros.

As clases estarán ao cargo de Jandro Pallares bailarín profesional, adestrador e xuíz nacional de bailes caribeños dentro da Federación Española, procedente da Escola RitmoLugo.

As persoas interesadas poden reservar a súa praza no teléfono 610 383 195.