Skip to main content
Antas de Ulla

A biblioteca de Antas de Ulla contará cun club de bebés

Por 23 Outubro, 2021Outubro 24th, 2021Sin comentarios

A biblioteca Antas Antas Ulla retoma en novembro a actividade dos clubs de lectura infantil e este ano haberá catro grupos, en lugar de dous como viña sendo habitual.

Esta medida tomouse para que os grupos non sexan demasiado grandes para poder manter as medidas sanitarias adaptadas nestes tempos e tamén para lograr maior afinidade entre os participantes.

Outra das novidades para este ano será que haberá un club de bebés de 0 a 3 anos. O Concello correrá cos gastos derivados das actividades, así como cos relacionados co material, os contacontos e o servizo de libros, que asume en colaboración coa Biblioteca de Galicia.

Desde o Concello tamén farán propostas de actividades ao longo de todo o ano para que así se convirtan en xornadas lúdicas e de xogo a través dos libros e a lectura. Tamén haberá encontros con escritores, ben sexan presenciais ou de xeito virtual.

As reunións faranse un venres ao mes, dúas no caso do grupo dos máis cativos. A comunicación será a través dos grupos de WhatsApp a través dos que se mandará información e comentarios sobre as actividades.

Para máis información haberá que poñerse en contacto telefonicamente no 669 21 34 63..