Skip to main content
Lugo

Entrevista: “Xa se poden reservar os pedidos para a campaña de Defuntos”

Por 17 Outubro, 2021Outubro 19th, 2021Sin comentarios

Esther Rozas é a propietaria de Rose Flor, floristería situada en San Roque

Rose Flor é unha das floristas con máis renome da cidade. Encóntrase situada na comercial rúa San Roque, no baixo do número 173. A súa propietaria é Esther Rozas, e xa está en plena preparación do Día de Defuntos unha das principais citas anuais para o sector da flor.

Esther, canto tempo leva Rose Flor ofrecendo os seus servizos de florista en Lugo?

Comecei fai 28 anos, a idea surxeu porque xa fixera cursos e traballara no sector. Este mesmo mes de outubro fai 28 anos para ser exactos.

E sempre estiveches en San Roque, nesta mesma dirección?

Non, o primeiro local estivo na Praza do Rei, logo cambiámonos para un local ao lado de este e dende fai 10 anos si que mantemos este mesmo baixo. O motivo deste cambio foi que nos trasladamos a un local mías amplo co cal temos unha exposición e unha capacidade de almacenar mercancía moi ampla co cal facilítanos o traballo de cara as campañas máis importantes do ano.

E durante estes 28 anos, o mercado mudou as súas demandas ou observas cambios nas peticións dos clientes?

Cambiou moito o mercado e no último ano aínda máis. Hai cousas que se demandan igual, temos a flor natural, flor artificial e os seus complementos coma macetas, terra. O que vimos dende o confinamento foi un aumento da demanda de plantas. Penso que a xente con isto da Covid precisou estar rodeada de natureza e o confinamento fixo que aumentara o consumo de plantas, tanto de exterior coma de interior. Tamén se regala moita planta e flor, en Europa utilízase moito como regalo, aquí menos pero si  que vexo que nestes anos está aumentando. Persoalmente paréceme un regalo precioso, ogallá se inculque esa moda de regalar flor e plantas.

Crees que se chegaron a utilizar como terapia antiestrés?

Creo que si, a xente para máis tempo na casa e valora tamén ese entorno tan próximo. Xente que me dicía que non era de ter plantas e que pensaba que non ía dárselle ben e agora están moi contentos, incluso para compartir actividades cos nenos que o pasan xenial aprendendo a plantar, a coidala, a vela medrar, desfrutar das súas cores e presenza…

Cal sería o teu consello para eses xardineiros máis novos?

Pasámonos regando moitas veces, temos medo que nós seque e regamos de máis, tamén recomendo que non reguen coa auga clorada, e dicir, que a collan o día anterior para que o perda e pouco máis. Agora para esta tempada de outono poden plantar moitas especies de feito nós dispoñemos de bulbos de tulipáns, xacinto, narcisos, fresia, ranúnculo, fritilaria, amarilis… Que pregunten sen medo que os asesoraremos en función de cada época do ano.

Pero por outro lado eses peches perimetrais e o confinamento tamén fixeron case que desaparecer algunha das mellores campañas do ano, non si?

Claro! Os eventos coma vodas, bautizos, comuñóns case desapareceron, os enterros cambiaron a súa forma de celebrarse, se non podías saír da túa casa ou do teu concello minguaron as visitas aos cemiterios e tamén a compra de flor e plantas para esas necesidades. Así mesmo co peche perimetral en Defuntos quedamos moi coxos nesa campaña tan importante para nós. Este ano estamos recuperando estas actividades novamente.

Cal é a campaña que tedes agora mesmo?

Estamos xa en plena campaña de Defuntos. De feito os clientes xa poden solicitar os seus encargos. Debemos advertilos que moita das flores desta campaña proveñen de América e debido as malas campañas do ano pasado esta tempada deixaron de cultivar moitas miles de hectáreas  co que prevemos que poda ter problemas de subministro o sector. Por iso animamos aos nosos clientes a que non retrasen os seus pedidos para evitar posibles problemas.

Que piden os clientes para esta ocasión?

Sobre todo centros, tanto de rosas coma crisantemos, lirios e todo tipo de flores. Temos moita variedade en flor natural para adaptarnos a cada cliente. Aínda que dixen antes que recomendamos reservar, porque así podemos facer as encargas a medida de cada cliente, pero  igualmente imos facer un número importante de centros e moita xente que viaxa chega e encontra un e como temos a vantaxe de ter unha tenda moi grande vou ter un bo número deles preparados. Estes últimos anos funcionoume moi ben, é por iso que mantemos a tenda neste local porque nós permite ter marxe de manobra.