Skip to main content
Lugo

Comezaron as obras de mellora no polígono das Gándaras

Por 2 Outubro, 2021Sin comentarios

O tenente Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas e persoal técnico municipal visitaron as obras de mellora da seguridade viaria no polígono das Gándaras, que comezaron a executarse nestes días na rúa D.  

A actuación consistirá en modificar o ancho da mediana da rúa D, pasando dos 11 metros actuais a 5. “Este cambio permitirá crear un novo carril de circulación de 3 metros de ancho en cada un dos sentidos”, explicou o Tenente Alcalde, que engadiu “isto permitirá mellorar a fluidez do tráfico e aumentar a maniobrabilidade dos vehículos industriais, o que en conxunto producirá un aumento da seguridade vial na contorna”. A actuación foi adxudicada a Francisco Gómez y CIA S.L, cun orzamento de 53.423,14€.

“Trátase dunha mellora importante para o polígono das gándaras, que a curto prazo atenderá unha demanda das empresas que xa están asentadas e que actualmente teñen problemas coa maniobrabilidade dos camións no momento de acceder ou saír das naves”, afirmou Rubén Arroxo. Segundo o Tenente Alcalde “a construción da segunda fase do polígono fará que esta vía pase a acoller unha maior cantidade de tráfico, que contará cunha vía de tamaño suficiente como para garantir a circulación fluída”.