Skip to main content
Lugo

Estudan habilitar un espazo para mascotas no cemiterio de Lugo

Por 3 Outubro, 2021Sin comentarios

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, acudiu esta semana á feira internacional do sector funerario Funexpo para coñecer as últimas novidades no sector “e  estudar a colocación dun espazo para mascotas no Cemiterio Municipal, atendendo a unha proposta que a veciñanza leva tempo reclamando”. 

Cristina López destacou o traballo realizado nos últimos anos para mellorar o Cemiterio Municipal. “Neste tempo realizamos a primeira ampliación do cemiterio desde o 2006 e melloramos espazos tanto na zona antiga como na nova”, explicou Cristina López, que engadiu “seguimos a planificar traballo para mellorar o Cemiterio Municipal, atendendo tamén ás solicitudes que nos fai chegar a veciñanza”.

 A primeira edición de Funexpo levouse a cabo entre o 28 de setembro e o 1 de outubro en Madrid. Durante os catro días de feira leváronse adiante comisións de traballo e xuntanzas profesionais de cemiterios e empresas relacionadas co sector fúnebre. O programa incluíu a celebración de Funexpopet, a primeira feira específica do sector funerario no sector das mascotas.