Skip to main content
Lugo

O San Froilán En-foco reuniu a distintos fotógrafos locais

Por 7 Outubro, 2021Sin comentarios

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Maite Ferreiro e a concelleira de Participación, Cristina López, participaron na nova edición da Letra das Festas, a revista oral do San Froilán, organizada pola AELG en colaboración coa área de Cultura que levou por nome O San Froilán En-foco. Memoria das festas tras o visor dunha cámara fotográfica. 

Este ano a actividade consistiu nunha proxección de imaxes comentadas por distintos fotógrafos locais de recoñecida experiencia como son Bego Pérez, Eduardo Ochoa, Adra Pallón, Pepe Álvez, Óscar Cela, César Quijada e Aída Soengas.

O acto foi presentado por Lois Pérez e Antonio Reigosa e contou coa ambientación musical de Luís Monsalve.