Skip to main content
Lugo

Feirantes do San Froilán regalaron medio millar de entradas para os nenos

Por 10 Outubro, 2021Outubro 11th, 2021Sin comentarios

Unha representación dos feirantes do recinto feiral do San Froilán fixeron entrega de preto de medio millar de entradas para regalar aos nenos das familias máis vulnerables, así como ao persoal municipal que fixo posible co seu esforzo que este ano se puidesen instalar en Lugo.

O persoal municipal, pola súa parte, cedeu tamén as súas entradas para os máis pequenos.

O obxectivo é que “ningún neno de Lugo se quede sen subir ás atraccións da feira”, segundo manifestaron os barraquistas, que quixeron con este detalle “agradecer ao Concello a súa implicación co noso sector”. Así mesmo, anunciaron que doarían máis se fose necesario.

Os tíckets entregaranse ás familias que están dadas de alta no programa de Educación Familiar, e ás que xa comezaron a chamar as educadoras municipais.

Esta iniciativa súmase á redución de prezos das atraccións, compromiso que acadou a rexedora por parte dos feirantes a cambio de non cobrarlles este ano as taxas.