Skip to main content
Lugo

As actividades deportivas do San Froilán remataron cunha exhibición de saltos

Por 13 Outubro, 2021Outubro 14th, 2021Sin comentarios

Onte celebrouse a exhibición de saltos Saltar na rúa no recinto do Auditorio Gustavo Freire e á que asistiron o tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto á concelleira de Cultura, Maite Ferreiro.

“Desde o Concello de Lugo quixemos rematar as actividades deportivas deste San Froilán cunha actividade novidosa en Lugo, e que noutras cidades conta cunha grande popularidade e é xa unha cita anualmente moi demandada pola veciñanza”, explicou Maite Ferreiro, que destacou “o éxito desta actividade entre a veciñanza asistente”.

A área de Cultura e o clube de atletismo Lucus Caixa Rural Galega colaboraron na organizan esta exhibición que contou con probas de salto de lonxitude e salto de altura. O grupo Galician Army encargouse da animación musical do evento.

O clube homenaxeou á atleta lucense Adi Iglesias, que vén de gañar unha medalla de ouro e unha de prata nos xogos paralímpicos de Tokio.