Skip to main content
Lugo

A CIG de Lugo-A Mariña celebra este sábado a súa VIII Asemblea Comarcal

Por 14 Outubro, 2021Sin comentarios

O próximo sábado, día 16 de outubro, a CIG de Lugo-A Mariña vai celebrar a súa VIII Asemblea Comarcal, na que participarán 150 delegados e delegadas elixidas polas federacións mais 36 membros natos da dirección comarcal, que escollerán a nova Secretaría e a Executiva Comarcal, así como as persoas que formarán parte do Consello Confederal da CIG (máximo órgano de dirección da central sindical entre congresos).

No proceso, que terá lugar no Auditorio Gustavo Freire baixo o lema Forza para Avanzar, tamén se debaterá e votará o informe de xestión da Executiva saínte, no que se recolle o traballo sindical realizado nos últimos catro anos e se destaca o importante medre en representatividade e afiliación logrado pola CIG na provincia de Lugo neste período.

Co prazo para presentar candidaturas xa rematado, á VIII Asemblea concorre unha candidatura unitaria para a Secretaría, a Executiva comarcal e o Consello Confederal, encabezada por Antonio Niño Saavedra.

A asemblea terá o seguinte horario:

asemblea:

  • 09h-09:30h: recepción e acreditación de delegados/as.
  • 09:30h-09:45h: benvida e canto da Internacional
  • 09:45h-11h: presentación e debate do informe de xestión.
  • 11h-11:15h: constitución da mesa presidencial da asemblea
  • 11:15h-11:30h: presentación de candidaturas
  • 11:30h-12:15h: votacións.
  • 12:15h-13h: reconto e proclamación dos e das representantes electas.
  • 13h: sesión de clausura coa presentación dos novos órganos comarcais, a lectura das propostas de resolución e a intervención do novo/a secretario/a comarcal.