Skip to main content
Lugo

Lugo promove a doazón de lentes usadas en colaboración con ONGs

Por 14 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo, a través da área de Medio Ambiente que dirixe o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, promove estes días a doazón de lentes usadas en colaboración coa ong Medicus Mundi, Urbaser e co grupo General Óptica.

A campaña solidaria conta cun colector habilitado na Praza Maior e que, durante os próximos días, até o 20 de outubro, irá rotando por diferentes puntos da capital.

A campaña continuará o venres 15, coa instalación do punto de recollida na Praza de Augas Férreas e se retomará o luns 18 na Praza da Fonte dos Ranchos, o martes 19 na da Milagrosa e finalizará o mércores 20 na Praza Horta do Seminario, onde a veciñanza lucense poderá depositar os seus lentes vellos entre as 09:00 a 20:30 horas.

Así mesmo, poderán deixarse no Punto Limpo (rúa dos Carros) até o próximo mércores en horario de 10:30 a 13:00 e 16:00 a 20:00 horas.