Skip to main content
Lugo

Rematan as obras dunha vía municipal en Bascuas

Por 17 Outubro, 2021Sin comentarios

Remataron as obras de mantemento e mellora dunha vía municipal na parroquia de Bascuas. A maiores,e con este mesmo financiamento, tamén están previstas actuacións no Burgo e Galegos, os cales dan acceso a parcelas agrícolas, naves gandeiras e núcleos de poboación.

Estas actuacións enmárcanse no Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal financiado por Agader a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e contan cun orzamento de adxudicación de 72.956,95 euros.

A actuación no vial de Bascuas ten unha lonxitude total de 1.174 metros e divídese en tres tramos en función da súa anchura: primeiro tramo do PK 0+000 ao 0+120 con anchura media de 6 metros, segundo tramo do PK 0+120 ao 0+760 con anchura media de 4 metros e terceiro tramo do PK 0+760 ao 1+174 con anchura media de 3 metros.

A capa de rodadura da vía, que estaba formada por regos asfálticos, consistiu na execución da limpeza do firme existente e as marxes e a extensión dunha capa de rodadura de 5 cm de espesor de formigón asfáltico tipo AC 16 surf 50/70 D (D-12), previa extensión dunha rega de adherencia con emulsión ECR-2, cunha dotación de 1 kg/ m2. Tamén se realizaron previamente bacheos puntuais nas zonas máis deterioradas e unha regularización do pavimento mediante o estendido de 1 cm de formigón asfáltico tipo AC 16 surf 50/70 D (D-12) entre os PKs 0+300 ao 0+500 na súa marxe dereita.