Skip to main content
Lugo

O PP propón unha auditoría para axustar os recibos de auga

Por 19 Outubro, 2021Sin comentarios

Segundo explica o Partido Popular de Lugo, no que levamos do ano 2021 un total de 240 lucenses reclamaron a través da Comisión de Queixas e Suxerencias a devolución “do que o concello de Lugo cobroulles de máis no recibo da auga”. Os populares lembran que esta situación, que afecta por centos de veciños, débese ao mal funcionamento do servizo municipal que se encarga de ler os contadores e “que estivo en cadro como consecuencia do desmantelamento ao que o someteron os sucesivos gobernos socialistas”.

“Á vista da cantidade de reclamacións que se presentaron e dado a lentitude coa o goberno local está a contestarlles”, desde o Grupo Popular reclaman que o Concello “por propia iniciativa” leve a cabo unha auditoría de todas as facturas emitidas de forma errónea co fin de devolver o cobrado de forma indebida durante varios meses. Esta proposta debaterase no pleno deste mes e os populares esperan que conte co respaldo de todos os grupos da corporación.

Para o portavoz popular o que resulta “insólito” é que o goberno local “que é o que meteu a pata e cobrou de máis aos veciños teña a cara dura de animar aos lucenses para reclamar. Ramón Carballo cre que “un goberno serio e responsable se é consciente de que comete un erro debería corrixilo a motu propio”.

O Partido Popular “co ánimo de axudar aos afectados por este problema na lectura dos contadores prestou un asesoramento gratuíto nas súas oficinas para que os lucenses con sobrecustos nos seus recibos reclamasen o que se lles cobrou de máis”. Os populares conclúen que grazas á súa insistencia neste asunto e á súa política útil han conseguido “primeiro que o concello reforzase o servizo de augas con novos lectores de contadores e, en segundo lugar, que empezase a contestar aos reclamantes coa fórmula que o PP propuxo nas alegacións que redacto de forma personalizada a máis dun cento de lucenses para que se recalculen os recibos que se cobraron de máis”.

Para Carballo é unha mágoa que o bigoberno “no canto de recoñecer o seu erro tente minimizar as reclamacións tildáldolas de insignificantes” e mantén que seguirá prestando apoio para aqueles que queiran reclamar o cobrado de forma indebida. “Mentres PSOE e BNG deciden que facer nós seguimos tendo as portas abertas de nuesta oficina para axudar aos afectados a presentar as reclamaciónes oportunas.

Por último os populares explican que das 240 reclamacións cursadas por escrito dirixidas á Comisión de Suxerencias, ata o momento, o concello só resolveu favorablemente 56 reclamacións, desestimou 23 e ten sen resolver 161 peticións de lucenses aos que o concello gravou cun sobrecusto nos recibos da auga.