Skip to main content
Agro TERRACHÁXALugo

A exposición A historia de Galiza a golpe de Clikc recibiu preto de 10.500 visitas

Por 25 Outubro, 2021Sin comentarios

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, informou do remate da exposición A historia de Galiza a golpe de Click, que estivo no MIHL desde o pasado 16 de xuño, e rematou este venres 22. Maite Ferreiro anunciou que “preto de 10.500 persoas se achegaron a esta exposición nos preto de 5 meses que estivo no MIHL”. A edil de Cultura afirmou que “foi unha maneira espectacular e divertida de achegarse á historia de Galiza, unha actividade lúdica e formativa para toda a familia”.

Galiza a golpe de Click constou de 5 dioramas, un central de 20 metros cadrados e outros catro de 4 metros cadrados cada un, nos que se representaron distintos momentos da historia da Galiza como o xurásico e o paleolítico, a cultura castrexa, a Galiza Romana e unha representación de Galiza no ano 1.000.

A exposición foi organizada pola área de Cultura do concello de Lugo en colaboración coa asociación de coleccionistas de Playmobil AESCLICK.Maite Ferreiro destacou “a infinidade de detalles que puxeron as integrantes de AESCLICK en cada un dos dioramas”, e afirmou que “seguiremos achegando propostas de calidade ao MIHL para facilitar que a veciñanza e as persoas que chegan a Lugo descubran esta instalación tan singular”.