Skip to main content
Lugo

O Concello revalida o patrocinio ao C.D Lugo e C.B Breogán

Por 27 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Lugo revalidará o patrocinio que o Concello de Lugo fai ao C.D Lugo e ao C.B Breogán. Unha actuación que se enmarca na gran contribución que ambas entidades fan ao impulso da imaxe da cidade, ampliando o seu coñecemento público e repercusión mediática – aproveitando a transcendencia da súa participación nas competicións deportivas de fútbol de Segunda División e na LIGA ACB nas que militan, respectivamente – así como no labor de promoción económica do municipio que acadan a través do retorno que xera na capital a celebración dos partidos.

A Xunta de Goberno autorizará ámbalas dúas actuacións que teñen un importe de 82.500 euros cada unha.