Skip to main content
Lugo

Nova edición do Truco ou Trato polos comercios do casco histórico

Por 27 Outubro, 2021Xuño 21st, 2023Sin comentarios

Os nenos de Lugo poderán ‘‘asustar’’ aos comerciantes na nova edición do Truco ou Trato do casco histórico. Así, esta nova edición será os días 29 e 30 de outubro.

Nel colaborarán medio centenar de establecementos repartirndo doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza. Cada local entregará uns poucos caramelos xa que ao ser tanto establecementos non tería sentido facelo doutro xeito e a idea é que os nenos visiten o maior número posible.

Na praza do Campo Castelo, grazas á colaboración de Ajuar Decoración, estará instalado un fondo para facerse fotografías no escaparate deste comercio.