Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo ofrece un servizo gratuíto de limpeza de pintadas

Por 31 Outubro, 2021Sin comentarios

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo, que dirixe o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, lembra, a raíz das pintadas que apareceron en varios edificios da cidade, que a cidadanía poder pedir a limpeza das mesmas a través dun servizo gratuíto dependente desta concellaría.

Para solicitar o servizo é necesario cubrir o impreso que figura na seguinte ligazón da páxina web do concello: http://concellodelugo.gal/gl/tramites/limpeza-de-fachadas, debendo achegar a solicitude debidamente cumprimentada e a documentación acreditativa da propiedade ou representación da comunidade de propietarias e propietarios do edificio.

Fernández pediu civismo ante estes feitos, e lembrou que o custo do vandalismo “pagámolo entre todos, polo que é moi importante chamar á responsabilidade e que sexamos conscientes de que Lugo é a nosa cidade e que todos debemos contribuír a coidar dela e non a estragala”.