Skip to main content
Lugo

O PP demanda bonificacións fiscais, a compra de contedores e o impulso do PXOM

Por 28 Outubro, 2021Sin comentarios

O Partido Popular de Lugo enviou unha serie de medidas e peticións, algunhas das cales irán ao próximo Pleno. Así, defenderá no pleno a revisión de medidas fiscais para axudar aos lucenses, captar emprendedores e manter empresas. Tamén propón que se compren 200 contenedores nuevos  para renovar los que están en mal estado. Finalmente, pide exlicacións a Lara Méndez por pasar un ano sen facer as correccións necesarias para aprobar o 5% do PXOM.

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ramón Carballo, explica que o seu grupo defenderá no pleno realizar cambios en varias ordenanzas fiscais para introducir reduccións en apoio aos sectores económicos máis afectados pola covid e contribuír así á reactivación económica e social do municipio. Deste xeito, os populares defenderán a convocatoria inmediata da mesa de ordenanzas para poder explicar e defender as seguintes medidas fiscais, co obxectivo de chegar a un consenso no beneficio das familias lucenses:

– Bonificación do 50% das taxas das comunicacións previas, das taxas de licencias de apertura de establecementos e do Imposto de Construccións para obras (ICIO) en negocios que abran, amplían ou  reformen ao longo do ano 2022.

– Reducir a taxa de lixo ás actividades profesionais que case non xeran residuos.

– Eximir de pago ou bonificacións proporcionais á redución de servizos, se hai peches pola covid ou por outras circunstancias sobrevidas:

  • nas taxas de saneamento, auga e lixo
  • no Imposto de Tracción Mecánica de vehículos de empresa
  • bonificación do IBI no caso de peches
  • bonificación do IBI para cines, salas espectáculos e de concertos

– Ter en conta as categorías fiscais das rúas para calcular a taxa dos vados.

– Reformular a ordenanza da ORA para poñer en marcha un sistema rotatorio do aparcamento gratuíto.

– Modificar o de cálculo do recibo da auga, garantindo a lectura trimestral ou repartindo as lecturas reais entre os trimestres nos que non se practicou lectura.

– Rebaixa do 10% do IBI.

Unión dos Paseos do Miño e do Rato

O Grupo Municipal Popular tamén defenderá que o Concello de Lugo adquira os case 40.000 m2 de terreos que hai entre os paseos do Miño e do Rato para poder unir estas dúas sendas fluviais da cidade e así poder pechar o cinto verde da cidade.

Os populares defenderán esta iniciativa despois de solicitalo en numerosas ocasións, sen que o goberno local fixera nada por adquirir os terreos, e despois de ter coñecemento de que os propietarios do 80% destes terreos xa comunicaron ata en dúas ocasións ao goberno local a súa disposición para que se lles comprasen os terreos.

Para os populares a boa vontade dos propietarios, xunto con que o 20% dos terreos restantes son propiedade da CHMS e do Goberno Central son argumentos máis que suficientes como para que o goberno local se poña a traballar de inmediato para completar o cinto verde de Lugo.

Auditoría recibos da auga

Outro dos eixes centrais deste pleno será a iniciativa que os populares defenderán trala avalancha de reclamacións por cobros indebidos nos recibos da auga por parte do Concello de Lugo.

Á vista da cantidade de reclamacións que se presentaron e dado a lentitude coa o goberno local  está a resolvelas, o Grupo Municipal Popular reclama que o Concello, a iniciativa propia, realice unha auditoría de todas as facturas emitidas de forma errónea co fin de devolver o cobrado de forma indebida durante varios meses.

Para Ramón Carballo resulta “insólito” que o goberno local, despois de realiza cobros indebidos, convide aos lucenses a reclamar, algo que non sucedería nun goberno serio e responsable, que arranxaría de motu propio o seu erro.

Apertura pavillóns CEIPs

Os populares defenderán tamén a apertura dos pavillóns dos CEIPs ante a falta de instalacións deportivas que hai en Lugo, todas saturadas, e despois de coñecer que o goberno local deixou pasar a oportunidade de solicitar á Xunta de Galicia o uso das instalacións deportivas dos IES.

Ante esta situación, os populares convidan ao goberno local a aproveitar todas as instalacións deportivas existentes para facilitar a práctica deportiva a calquera club ou veciño.

CONTEDORES

O Partido Popular non quere que os veciños e veciñas de Lugo teña que esperar aínda máis tempo para que lles renoven os contedores en mal estado que hai en distintas rúas e barrios da cidade. Dado que o contrato do lixo “aínda vai para longo e así o recoñece o propio goberno ao xudicializar este asunto” desde o PP reclaman que se faga unha compra de contedores novos así como de pezas para reparar aquelas unidades que teñan arranxo.

O viceportavoz do PP Antonio Ameijide urxía ao bigobierno para sacar a licitación da compra de “polo menos 200 unidades de contedores así como outros tantos recambios para reparar pedais, tapas e mecanismos de recipientes avariados”. Ameijide indicaba que “estamos a ver como cada vez que entra unha petición veciñal para que lles reparen ou cambien o contedor da súa rúa respóndeselles dando longas dicíndolles que teñan paciencia e que esperen a que se concrete o novo contrato do lixo”.

PXOM

O Partido Popular quere que a alcaldesa, ou en quen delegue, infórmelles, nun prazo dunha semana como máximo, dos motivos polos que imos acabar este 2021 sen completar o 5% do PXOM, as causas polas que non se abordou aínda a reforma do PEPRI e que explique porque seguen dilatándose a tramitación de licenzas. Os populares abordaron nunha reunión coa APEC este asunto así como as diferentes propostas que benefician a este sector en materia de política fiscal.

Os concelleiros populares, que mantiveron un encontro con representantes da APEC, informáronlles que solicitarán que se recupere “de forma inmediata a atención presencial no departamento de urbanismo suspendida como consecuencia do covid”

Esta será unha das peticións que o PP suxire abordar na reunión que solicitaron a través dun escrito dirixido á alcaldesa no que lle expoñen “que nun prazo dunha semana a rexedora convóqueos para abordar a situación do urbanismo e do atraso das licenzas en Lugo”