Skip to main content
Lugo

Valentín González Formoso insta a participar nas Primarias do sábado

Por 29 Outubro, 2021Sin comentarios

Valentín González Formoso viviu en Silleda e Lugo a súa penúltima xornada de encontros coa militancia que está a manter dentro da campaña para a Secretaría Xeral do PSdeG. En Lugo, onde foi presentado pola alcaldesa Lara Méndez, reivindicou que “o PSdeG necesita un novo impulso, hai que volver a conectar coa sociedade, poñer todo o talento que agroma dentro do partido ao servizo de Galicia”.

Formoso aposta por un modelo de partido “forte e unido, que volva a ilusionar á militancia, que sexa integrador e conte con todo o mundo” e que teña os pés no chan, estando ao carón da cidadanía e volvendo a ter criterio nos asuntos de país e non se limite a sinalar problemas senón tamén a aportar solucións. É dicir, que faga un socialismo útil para a sociedade”.

O candidato fixo un chamamento á militancia para que acuda “masivamente” a votar este sábado, 30 de outubro para “dar un exemplo democrático” e porque “toca escoller entre a resignación a ilusión”. “Volvamos a colocar ao PSdeG no lugar que se merece, que é o de gobernar para poder cambiar a vida das persoas”.

Neste sentido, González Formoso explicou que “considerar que os resultados nas últimas autonómicas non son malos é vivir un mundo paralelo e dicir que Galicia está adscrita ideoloxicamente ao PP é unha resignación que non compartimos miles de compañeiros e compañeiras”, subliñou.