Skip to main content
Lugo

Comezan as reunións para tratar as queixas sobre o bus urbano

Por 30 Outubro, 2021Sin comentarios

O vindeiro martes 2 de novembro de 2021 terá lugar a primeira das reunións que estaban pendentes entre a Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti e a Concellería de Movilidad do Concello de Lugo por mor da problemática existente co novo trazado de liñas de autobús urbano nos diferentes barrios e parroquias da capital lucense.

“Desde a nosa entidade, avanzamos tamén, que acudiremos a estas reunións cunha actitude incuestionablemente positiva, proactiva e de diálogo e entendemento. Con todo, en todo caso defenderemos sempre os intereses dos veciños e veciñas lucenses, e transmitiremos todo o que nos foron comunicando ao longo das 15 reunións que mantivemos nos diferentes barrios e parroquias; e, cuxo contido, lembramos tamén, fómoslle trasladando puntualmente á Concellería de Movilidad do Concello de Lugo vía rexistro electrónico”, indican dende a Federación.

Esta primeira reunión terá lugar ás 18 horas na oficina municipal do BNG no Concello de Lugo; e a ela acudierán 3 representantes de cada unha das partes -3 do BNG e 3 da Federación de Asociacións Veciñais.