Skip to main content
Lugo

O PP de Lugo denuncia que non hai auga quente nas Pedreiras

Por 31 Outubro, 2021Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, pide a Mauricio Repetto “traballo” para corrixir unha denuncia que leva semanas latente, como é que non funciona a caldeira, o que provoca que non haxa auga quente nas duchas.

Óscar Poy fai este chamamento agora que os protocolos covid permiten que se volvan a usar os vestiarios e as duchas, sobre todo para facilitar que todos os usuarios poidan ducharse antes de volver a casa e para evitar sancións innecesarias a calquera dos clubs que empregan as instalacións para xogar os seus encontros oficiais. Recorda o concelleiro popular que segundo a normativa das respectivas federacións autonómicas “é obrigatorio que haxa auga quente nos vestiarios dos equipos e dos árbitros” e, no caso de que non sexa así, os clubs expóñense a unha sanción por parte da súa respectiva federación “unicamente por culpa do Concello de Lugo”.

Ante esta situación, Óscar Poy pide traballo e dilixencia ao responsable municipal de deportes para devolver As Pedreiras a unha situación de normalidade para todos os usuarios.

Actualización protocolos covid

Óscar Poy aproveita a ocasión para pedir a Mauricio Repetto que estude a posibilidade de actualizar os protocolos covid nas instalacións deportivas municipais.

O concelleiro popular fai este chamamento porque dende o comezo da pandemia a area de deportes actualizou constantemente os protocolos covid, adaptándoos en cada momento á situación sanitaria existente, algo que non se está a facer agora mesmo.