Skip to main content
Monterroso

O PSOE de Monterroso demanda a celebración dos plenos presenciais

Por 20 Outubro, 2021Sin comentarios

O voceiro do PSOE en Monterroso, Rafael García avanzou que o Grupo Socialista rexistrou unha solicitude “para que os plenos do Concello se celebren de xeito presencial  e non de xeito telemático como ata agora por mor da pandemia da covid. Unha vez que entendemos xa rematou a situación de alerta sanitaria decretada pola Xunta e non habendo ademais casos positivos en Monterroso nas ultimas datas”, explicou.

O voceiro Socialista lembrou tamén “que xa realizamos esta mesma petición o pasado mes de xuño, pero unha vez mais atopámonos coa negativa do Goberno de Rocio Seijas, non sabemos que teñen que ocultar. Estamos no mes de outubro, agora xa non serve o pretexto da pandemia para agocharse detrás da pantalla do ordenador para tapar a súa nula xestión ao fronte do Concello”, advirte.

“Xa pasamos o peor da pandemia, é o momento de dala cara e voltar á normalidade institucional da vida municipal en Monterroso. A veciñanza xoga un papel esencial en tódolos concellos, e tamén deben ser coparticipes da vida política institucional e municipal, por iso queremos que se dea cumprimento a outra inciativa aprobada por unanimidade para a retransmisión dos plenos vía streaming. A xente ten dereito a saber en que se gastan os nosos impostos, en que parroquias inviste o Concello ou cales son as suas prioridades”, argumentou o Voceiro.