Skip to main content
Axenda Caducada

O Castelo de Pambre acolle unha exposición de José Vázquez Cereijo

Por 13 Outubro, 2021Novembro 30th, 2021Sin comentarios

O Castelo de Pambre de Palas de Rei acolle a nova exposición José Vázquez Cereijo, Tengo un ariete para mis sueños.

Esta mostra poderá visitarse en horario de apertura do Castelo ata o 30 de novembro de 2021. A exposición está promovida polo Instituto de Estudos Ulloáns e conta coa colaboración do Concello de Palas de Rei.

É unha retrospectiva que pon en valor a súa obra realizada durante os anos 80. Un expresionismo vivo e cru que percorre os cadros do artista, de chama nerviosa, pincelada cortante e cores escuras e terrosos que parecen ferir os seus personaxes.