Skip to main content
Axenda CaducadaAxenda RIBEIRASACRAXALourenzá

A ITV agrícola estará en Chantada en outubro

Por 3 Outubro, 2021Outubro 28th, 2021Sin comentarios

A unidade móbil da Inspección Técnica de vehículos agrícolas desprazarase ao Concello de Chantada no mes de outubro.

A unidade prestará servizo no mercado comarcal gandeiro dende o día 25 de outubro ao 27 de outubro, dende as 09.00 ás 13.30 horas pola mañá e de 15.15 a 18.00 horas pola tarde.

Lembran que o día 27 tan só haberá servizo de mañá.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.