Skip to main content
Chantada

Preséntase en Chantada o libro gañador do Certame Condado de Pallares

Por 13 Outubro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Este venres, 15 de outubro, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Chantada preséntase o libro gañador da XIII Edición do Certame de Investigación Condado de Pallares.

A obra, titulada A Comarca de Chantada no século XVIII. Economía e sociedade, é unha obra conxunta dos autores da comarca de Chantada: Xosé Méndez Pérez, Tamara González López e Claudio Otero Eiriz.

Este certame, organizado pola Asociación Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, busca promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, da historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, etnografía e o folclore no antigo territorio que conformaba o Condado de Pallares.

Así pois, o Certame conta coa colaboración coa secretaría xeral de Política Lingüística, a dirección xeral de Políticas Culturais, a Deputación de Lugo, os R. Comarca de Lugo e Miño Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e Chantada.