Skip to main content
O Saviñao

O Círculo Saviñao recibe a proxección do documental Negro Púrpura

Por 17 Outubro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Círculo Cultural Recreativo Saviñao acolle a proxección do documental Negro Púrpura, un audiovisual que trata sobre un fungo alucinóxeno coñecido como ouro negro en Galicia. O documental está dirixido por Sabela Iglesias e Adriana Villanueva.

A cita realizarase o vindeiro sábado 20 de novembro, ás 19 horas. Así mesmo, ademais da proxección, haberá un coloquio co equipo creativo.

Esta actividade está organizada polo Círculo Saviñao e pola Deputación de Lugo e contará con todas as medidas sanitarias correspondentes para poder gozar dunha xornada amena e segura.