Skip to main content
Sober

A Asociación Colado do Vento organiza unha xornada micolóxica en Sober

Por 20 Outubro, 2021Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A Asociación Colado do Vento organiza unha xornada micolóxica que se celebrará durante o domingo 24 de outubro no Concello de Sober.

Unha cita que ten coma obxectivo coñecer e identificar os cogomelos da zona de Cadeiras, en Sober, e que, coma en anos anteriores, virá guiada por Carlos, da Praza de Abastos de Monforte.

O lugar de encontro será no Local Social de Bolmente ás 10 horas para realizar a parte teórica, antes de saír ao monte. A continuación, entre as 12 e as 14 horas haberá unha ruta guiada cerca de Cadeiras. Xa ás 14 horas os participantes comerán no restaurante de Cadeiras.

Pola tarde farase unha exposición cos exemplares atopados, despois de limpalos, e prepararemos unha merenda-cea coa fin de saborear este suculento manxar.