Skip to main content
Axenda RIBEIRASACRAXASober

Chega o ciclo Música no Outono a Sober co concerto de Miquel Múñiz

Por 26 Outubro, 2021Outubro 27th, 2021Sin comentarios

O Goberno local e as Xuventudes Musicais de Sober organizan para o vindeiro sábado, dentro do ciclo Música no Outono un concerto de violín a cargo de Miquel Múñiz, quen vai estar acompañado polo pianista Lluís Rodríguez Salvá. A actuación será ás 19 horas no Centro Sociocultural con entrada gratuíta.

En Fogos artificiais para violín poderemos escoitar algunhas das obras máis espectaculares, virtuosas e emotivas do S.XX. Grandes compositores universais como Prokofiev, Ravel ou Falla puxeron a mercé do violín o seu gran enxeño e explosiva creatividade. Infinidade de cores e recursos técnicos despréganse nestas sublimes pezas. Todo un reto e un privilexio para o seu intérprete.

Biografía

Nacido en Riudarenes (Xirona) en 2001, vive a súa infancia en Calonge. Comeza a estudar piano coa súa nai Monti Galdon e violín na escola de música Adrià Sardó con Sergi Alpiste, Mercè Paradeda e Sara Pérez. Posteriormente recibe clases de Corrado Bolsi e Alba Roca complementando a súa formación estudando oboe con Montserrat López e tenor con Josep Gispert. Aos dezaseis anos comeza os estudos de Grao Superior no Conservatorio do Liceu de Barcelona bolseiro pola Fundació Ferrer- Salat onde os finalizará este curso baixo a mestría de Corrado Bolsi. Alumno regular de Pavel Vernikov e Svetlana Makarova na Haute École de Musique de Lausanne como alumno de intercambio e na Academia Tibor Varga de Sion (Suíza) participou en diferentes festivais de Alemaña, Andorra, España, Italia, Portugal, Romanía, Rusia, Suecia, Suíza e Turquía.