Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Chega o 24 de outubro a II ruta Valdeorras Classic

Por 3 Outubro, 2021Outubro 4th, 2021Sin comentarios

A escudería de clásicos de Ourense xunto coa escudería de clásicos de Valdeorras organizan o vindeiro 24 de outubro a II ruta Valdeorras classic.

A causa das medidas sanitarias, o ano pasado non se puido levar a cabo, sen embargo, este ano volve para que os participantes e os espectadores poidan gozar de vehículos clásicos, así coma dunha paisaxe incríble.

O prazo para a inscrición xa está aberto e remata o 21 de outubro. Así mesmo, hai que lembrar que o número máximo de vehículos que poden participar no evento é de 50.

Así pois, a ruta realizarase por Ribas de Sil e polo Barco de Valdeorras -polo Camiño de Inverno-. Na ruta tamén colaboran o Concello de Ribas de Sil, de Quiroga, de Vilamartin de Valdeorras e do Barco de Valdeorras.