Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXALugo

O Museo Provincial de Lugo presenta o libro Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago

Por 6 Outubro, 2021Sin comentarios

O xoves, 7 de outubro, ás 19 horas, terá lugar no Museo Provincial de Lugo, a presentación do libro Esgrafiados en la Ribeira Sacra y el Camino de Santiago. Obras de arte y simbolismo en las paredes, da autoría de Mar López Sotelo, que falará do estilo galego de esgrafiados, propio da arquitectura do noso rural.

No mesmo acto darase a coñecer a doazón por parte da autora orixinaria de Pantón de dous exemplares da primeira edición do seu libro xunto con 10 das fotografías máis destacadas sobre esta arte decorativa, incluídas na exposición da Galería de Arte do Instituto Europeo e Centro do Peregrino Campus Stelae de Santiago de Compostela, para que formen parte dos fondos  do Departamento de Biblioteca e Arquivo do Museo Provincial de Lugo.

A entrada a este acto é libre até completar o aforo.