Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

Chega a actividade Arqueoloxía no Camiño de Inverno á Ribeira Sacra

Por 12 Outubro, 2021Sin comentarios

O próximo domingo 17 de outubro, chega a actividade Arqueoloxía no Camiño de Inverno, que se levará a cabo por Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón e O Saviñao. Esta quenda realízase para descubrir parte dos vestixios arqueolóxicos do Camiño de Inverno ao seu paso por Ribeira Sacra.

O horario da actividade é de 9.30 a 18.30 horas e inclúe visitas guiadas e picnic. Así pois, a ruta é de 9 quilómetros -3,5 horas aproximadamente-.

Para poder participar será preciso reservar, algo que se poderá facer proximamente. O número de prazas dispoñibles para a cita é de 10. A realización das mesmas están garantidas a partir dun mínimo de 6 prazas.