Skip to main content
Bóveda

Comezan as actividades con motivo do Día das Bibliotecas en Bóveda

Por 20 Outubro, 2021Outubro 21st, 2021Sin comentarios

Bóveda comeza a súa celebración do Día das Bibliotecas no centro sociocultural no día de hoxe. Ademais e, ata o día 24, haberá diferentes actos repartidos en varios días. Desta maneira, a primeira xornada, que se levará a cabo hoxe, mércores 20 de outubro, acollerá o obradoiro infantil sobre textos de Olga Novo para celebrar o Día das Escritoras. O horario no que se celebrará será de 16.30 a 18.30 horas.

O venres 22, polo seu lado, de 12 a 14 horas, estará o contacontos Lúa Triangular. Nada é imposible!, de Jara Ortiz.

Finalmente, para rematar coas xornadas, o domingo 24 de outubro, ás 18.30 horas, Xoán Curiel  realizará a actuación Cantando as nosas letras. O artista fonsagradino vén de sacar un novo disco o pasado mes de marzo, Treides Comigo, un traballo no que puxo música a varias cantigas medievais de trobadores galegos.

Unhas xornadas lúdicas e amenas, nas que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes e que entran dentro do programa Ler conta moito.