Skip to main content
Bóveda

Xoán Curiel pon punto e final ao Día das Bibliotecas de Bóveda

Por 23 Outubro, 2021Outubro 24th, 2021Sin comentarios

Bóveda finaliza a súa celebración do Día das Bibliotecas no centro sociocultural no día de mañá.

Desta maneira, para rematar coas xornadas que comezaron o pasado mércores día 20 cun obradoiro infantil e cun contacontos, o domingo 24 de outubro, ás 18.30 horas, Xoán Curiel realizará a actuación Cantando as nosas letras.

O artista fonsagradino vén de sacar un novo disco o pasado mes de marzo, Treides Comigo, un traballo no que puxo música a varias cantigas medievais de trobadores galegos.

Unhas xornadas lúdicas e amenas, nas que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes e que entran dentro do programa Ler conta moito.