Skip to main content
Carballedo

O programa A Caída da Folla 2021 chega a Carballedo

Por 25 Outubro, 2021Outubro 26th, 2021Sin comentarios

A Ribeira Sacra Consorcio de Turismo chega a Carballedo o vindeiro luns 1 de novembro co programa A Caída da Folla 2021. Este programa é unha combinación de plans outonais do máis variado e, moitas novidades.

Camiños de Santiago, turismo activo, micoloxía, recollida da oliva, apiturismo, relaxación, fitoterapia, gastronomía.., en varias xornadas dos meses de outubro, novembro e decembro.

Carballedo, pola súa beira, acollerá a actividade Baño de Bosque, unha experiencia que nos axudará a conectar con elementos que nos regala o bosque e que teñen unha influencia positiva á hora de reducir o estrés, a ansiedade, etc.

O horario será de 10 a 13 horas e é preciso levar o seguinte material: pano para cubrir os ollos, roupa cómoda, manta ou similar para sentarse no chan, libreta e bolígrafo.