Skip to main content
Chantada

Aínda quedan prazas nas actividades ofertadas polo espazo xove de Chantada

Por 19 Outubro, 2021Sin comentarios

O espazo xove de Chantada informa de diferentes actividades que continúan dispoñibles nestes meses de outubro a decembro. Desta maneira, os xoves realizarase teatro de sombras e monicreques de 18 a 20 horas.

Por outra beira, continúa habendo prazas dispoñibles nas clases de pintura ao óleo. Estas clases son gratuítas e existen diferentes horarios e grupos para que se poidan apuntar todas aquelas persoas que estean interesadas.

O grupo I terá clases os martes de 16 a 17.30 horas, o grupo II será os martes de 17.30 a 19 horas, o grupo III será os venres de 16 a 17.30 horas e, finalmente, o grupo IV que terá un horario de 17.30 a 19 horas.

Para participar é preciso inscribirse e reservar praza. Para máis información pódese contactar nas redes sociais, no enderezo electrónico espazoxovechantada.xuventude@xunta.gal ou no número de teléfono 982 870 258.