Skip to main content
Chantada

Chantada celebra un obradoiro de ilustración e cómic

Por 21 Outubro, 2021Sin comentarios

O espazo xove de Chantada acolle no día de mañá, venres 22 de outubro, un obradoiro de ilustración e cómic, no que se ensinará a debuxar personaxes, aprender estilos e empregar onomatopeias, entre outras cuestións.

Esta actividade celebrarase todos os venres, en horario de 17.30 a 19 horas, nos meses de outubro e decembro.

Así pois, hai que lembrar que é un obradoiro gratuíto e que as prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse. Para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar no número de teléfono 982 870 258 ou no enderezo electrónico espazoxovechantada.xuventude@xunta.gal