Skip to main content
Chantada

Comeza en Chantada un obradoiro de iniciación á lingua de signos

Por 23 Outubro, 2021Sin comentarios

Este luns 25 de outubro comeza en Chantada un obradoiro de iniciación á lingua de signos organizado por Afachantada Asociación de Alzheimer. Esta é a segunda edición dunha actividade que conseguiu un éxito importante da primeira vez.

Así pois, o obradoiro terá unha duración de dous meses, polo que rematará en decembro. O horario no que se levará a cabo será os luns, de 18.30 a 20 horas. O lugar no que se realizará será na asociación AFA Chantada que se encontra na rúa do Parque, 9, baixoC.

Hai que lembrar que se levarán a cabo as medidas sanitarias correspondentes para gozar dun aprendizaxe seguro.