Skip to main content
Chantada

Chantada oferta obradoiros de xerontoximnasia gratuítos

Por 27 Outubro, 2021Sin comentarios

Dende a Concellería de Servizos Sociais queremos informar que ó Concello de Chantada ven a poñer en marcha unha vez máis, o programa de Avellentamento activo para os maiores e persoas con diversidade funcional, co fin de favorecer a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida.

O programa porase en marcha en vindeiras datas e os obradoiros de xerontoximnasia serán totalmente gratuítos. Estes últimos levaranse a cabo nas casas – escolas das parroquias unha vez por semana.

Inicialmente, comezarase naquelas parroquias nas que exista máis demanda. Para solicitalos é preciso chamar ao número de teléfono de servizos sociais 982 46 22 99, en horario de luns a venres de 8.30 a 14.30 horas.