Skip to main content
Chantada

Chega a Chantada o Samaín Celta e a presentación dunha mostra fotográfica

Por 27 Outubro, 2021Sin comentarios

Este xoves, 28 de outubro, celébranse unha serie de actividades no espazo xove Chantada. Por unha beira, chega o Samaín Celta a partir das 16.30 horas, cunha tarde caracterizada polo terror e chea de xogos, quebracabezas, contos, maquillaxe, disfraces… Así pois, as actividades que se realizarán son de balde e poderán participar todos aqueles nenos e nenas que o desexen.

Por outro lado, ás 19 horas realizarase a inauguración e presentación da exposición fotográfica de Asun Adá, Ollada Íntima. Esta mostra poderase visitar ata o vindeiro venres 19 de novembro no espazo xove de Chantada.

Unha xornada completa onde se unirá unha cita de medo e unha cita cultural. Así mesmo, en ambas, cumpriranse as medidas sanitarias correspondentes.