Skip to main content
Chantada

Chega unha nova ruta de Diamondi a Chantada

Por 29 Outubro, 2021Sin comentarios

O Concello de Chantada, de Pantón e do Saviñao colaboran coa Asociación de Municipios del Camino de Invierno para levar a cabo unha ruta de sendeirismo.

A actividade realizarase no día de mañá, sábado 30 de outubro, e comezará en Diamondi, ás 11 horas e rematará en Chantada. Ao finalizar a ruta, haberá unha degustación de productos e viños da zona. Ademais, tras esta degustación, haberá a disposición dos participantes un bus para recoller os vehículos particulares en Diamondi.

A actividade é gratuíta e é preciso inscribirse, algo que se poderá facer no  número de teléfono 987 418 396 ou no enderezo electrónico info@bierzonatura.es. Ademais, as persoas interesadas tamén se poderán anotar no teléfono da casa da cultura de Chantada -982 441 752-, na biblioteca municipal do Saviñao -982 452 324- ou na casa da cultura de Pantón -982 456 377-.