Skip to main content
Folgoso do Courel

Terceira xornada da campaña de Xeoconservación no Courel

Por 15 Outubro, 2021Sin comentarios

O Xeoparque Montañas do Courel celebra esta fin de semana dúas actividades diferentes. Por un lado, o sábado 16 de outubro, a partir das 10 horas, realizarase a terceira das accións de xeoconservación de lugares de interese xeolóxico.

Neste caso, a acción desenvolverase na cova de Tralapena de Romeor, nas montañas do Courel e contará coa participación de 20 voluntarios. Esta é unha actividade aberta para todas aquelas persoas que queiran colaborar, polo que non é preciso ter experiencia en covas.

Así pois, a organización farase cargo da comida e os traballos rematarán ás 18 horas. Posteriormente, haberá a opción de visitar o Centro de interpretación das covas e, ás 20 horas, para aproveitar estas accións, o Xeoparque ofrece un concerto no Campo da Feira de Seoane coa Banda Folk Ribas de Sil. A actuación está aberta a quen queira asistir.

Finalmente, a xornada rematará ás 21.30 horas coa degustación de produtos locais.

Por outra beira, tamén se celebrará esta fin de semana un curso que organizan para a AEPECT (profesores enseñanza ciencias tierra), con 25 participantes sobre A paisaxe creada sobre a dobra das montañas do Courel.